Rescatados en bo estado os dous tripulantes dunha embarcación desaparecida en Ferrol

Punta Frouxeira, en Valdoviño, lugar onde probabelmente faenase a embarcación perdida (Foto: Turismo da Galiza).
O habitual, apuntan estas fontes, é que esta embarcación faene nunha zona entre Punta Langosteira e Punta Frouxeira.

Dous tripulantes foron rescatados en bo estado após seren buscados durante a mañá desta segunda feira despois de que a embarcación na cal saira faenar non volvese a porto. Foron atendidos por unha ambulancia por algúnscortes, e os seus familiares foron avisados.

Salvamento Marítimo despregou un operativo para a procura dunha embarcación, a 'CYM', duns sete metros de eslora, que saíu faenar o domingo con dous tripulantes.

A alerta trasladouna a confraría de Ferrol, segundo informan fontes deste servizo de emerxencias.

O habitual, apuntan estas fontes, é que esta embarcación faene nunha zona entre Punta Langosteira e Punta Frouxeira.

Por ar, os labores de busca realízábaos o helicóptero 'Pesca 2', que deu a substitución ao 'Helimer 401'.

Por mar

Mentres, polo mar, estiveron mobilizadas unha embarcación de Salvamento Marítimo -a Salvamar Betelgeuse-, unha de Cruz Vermella -LS Condesa de Pardo Bazán-, outra de Protección Civil de Ferrol e unha moto de auga dos bombeiros desta localidade.