Un accidente múltiple provoca grandes retencións na entrada á Coruña

Retencións na entrada á Coruña (Foto: Europa Press).
Segundo fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), sobre as 9 da mañá xa estaba solucionada a incidencia e só quedaban "os restos" do atasco que provocara o accidente, ata ser unha "típica retención de segunda feira pola mañá".

A Avenida Alfonso Molina, principal entrada á cidade da Coruña, sufriu retencións na mañá desta segunda feira debido a un accidente múltiple no que se viron implicados varios vehículos.

Tal e como informan fontes de emerxencias, o sinistro ocorreu pouco antes das 8 horas da mañá e provocou un atasco de varios quilómetros, afectando vías como a AC-11 e a AP-9.

Segundo fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), sobre as 9 da mañá xa estaba solucionada a incidencia e só quedaban "os restos" do atasco que provocara o accidente, ata ser unha "típica retención de segunda feira pola mañá".

Obstrución principal

De acordo coa DXT, a obstrución principal chegou até máis alá da zona de Perillo (Oleiros), motivado tamén en parte por unhas obras na estrada e outras incidencias de carácter menor.