O abandono educativo en Galiza supera en case seis puntos a media europea

16% das persoas que no noso país teñen de 18 a 24 anos non completou o nivel de educación de secundaria segunda etapa e non segue ningún tipo de formación.

O abandono educativo temperán en Galiza foi en 2018 de 16 por cento, unha porcentaxe que se vén reducindo de maneira paulatina desde hai anos mais que segue moi por riba da media dos estados das Unión Europea, que foi nese ano de 10,6% por cento, catro puntos e medio menos que no noso país. No Estado español supera 18%.

 

O abandono educativo temperán fai referencia á porcentaxe de poboación entre 18 e 24 anos que ten como titulación máxima o certificado da ESO e non cursa ningún tipo de formación. É dicir, que non completou o nivel de educación secundaria segunda etapa e non segue ningún tipo de formación, regrada ou non. E en Galiza esa porcentaxe é do 16% por cento.

 

Houbo, desde 2010, un descenso paulatino -naquel exercicio estaba no 22,8 por cento mentres que no Estado español andaba na beira de 28 por cento-. O territorio do Estado español con menor abandono educativo é Euskadi, con menos de 8 por cento. Temos peores dados en abandono (dados 2016) que os territorios da nosa contorna: Asturies, Castela, Cantabra, Euskadi... O abandono educativo temperán no noso país é moi superior ao de países como Irlanda, Lituania ou mesmo Polonia. Aí a taxa de abandono temperán dos estudos non supera o 7 por cento.

 

No primeiro trimestre de 2018 o abandono educativo temperá entre os homes abeiraba 18% mentres entre as mulleres situábase en 14%, unha diferenza de catro puntos.