Atopan ósos humanos próximos á estrada N-120 en Pereiro de Aguiar

Tramo da N-120 ao seu paso por Ferreira de Pantón (Foto: Nós Diario).
Segundo informaron fontes da Comandancia da Garda Civil, os ósos foron atopados por unha persoa que daba un paseo pola zona.

A Garda Civil e o xulgado de Ourense iniciaron as dilixencias para esclarecer a orixe de varios restos óseos humanos achados pertoda estrada N-120, en Pereiro de Aguiar (comarca de Ourense)

Segundo informaron fontes da Comandancia da Garda Civil, os ósos foron atopados por unha persoa que daba un paseo pola zona e que avisou á Garda Civil.

Até o lugar, no quilómetro 557 da N-120, acudiu unha dotación para acordoar a zona, e avisou a autoridade xudicial.

Unha vez retirados os restos, que están moi danados e "parecen antigos", os ósos foron trasladados á unidade de antropoloxía forense do Instituto de Medicina Legal da Galiza (Imelga), en Verín, para a súa análise.

Polo momento descoñécese a orixe destes restos humanos, aínda que fontes da investigación sinalaron que "na proximidade hai un encoro" e tamén "un cemiterio", e reiteraron que os ósos, ao parecer, "son moi antigos".