A Xunta presenta as contas do repago farmacéutico d@s pensionistas

Xerente do Sergas
Galiza ten 798.755 pensionistas que desde xullo pagan un suplemento a maiores do que fixeron na súa etapa laboral para teren produtos farmacéuticos. A media de ingreso do goberno galego foi de 3,63 euros.

O repago que aplicou o goberno galego despois de aprobar o Real Decreto-Lei 16/2012, de 20 de abril comeza a chegar ao Servizo Galego de Saúde. A polémica medida aplacada ás clases máis débiles entrou en funcionamento no mes de xullo e xa temos os primeiros datos aportados por Mª Nieves Domínguez González, a xerente deste departamento da Consellaría de Sanidade.

No repago deste mes que leva en funcionamento ao redor de 670.000 persoas superaron os 7 euros de achega, cunha media total de 3,63 euros.

Na Galiza hai 2.727.254 persoas con tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde que achegaron un total de 6,9 millóns de euros, das cales 798.755 son pensionistas. Nestas semanas dispensáronse 5.016.975 receitas a 1.104.917 doentes. No repago deste mes que leva en funcionamento ao redor de 670.000 persoas superaron os 7 euros de achega, cunha media total de 3,63 euros.

Por primeira vez as persoas pensionistas, as persoas máis necesitadas, teñen que pagar polos produtos farmacéuticos. É o sector que sae máis prexudicado por este decreto posto que as persoas en activo sempre pagaron unha porcentaxe dos seus medicamentos e non son as que máis os utilizan, todo o contrario que @s pensionistas.

 

Problemas no abastecemento
A xerente do Sergas quixo contradicir ao sector farmacéutico galego e asegurou que "desde o primeiro día estanse a rexistrar o 100% das receitas de xeito electrónico, sen ningunha incidencia técnica reseñábel". O sector denunciou no seu momento problemas por non poderen abastecer de produtos as súas farmacias e ter cambios constantes nos prezos dalgúns medicamentos. Hai varios días unha incidencia deste tipo aparellou un retraso de dezaseis horas sen poder dispensar varios fármacos.