A Xunta nomea “substitut@s de zona” 55 profesor@s

A través desta figura inexistente a Xunta de Galiza vén de nomear profesor@s funcionar@s de carreira cuxa tarefa será realizar substitucións nun radio de 50km.

A CIG-Ensino segue a denunciar os “brutais recortes” nos cadros de persoal levados a cabo pola consellaría de Educación neste inicio de curso. Aliás, alerta do nomeamento de 55 profesor@s funcionari@s de carreira –sen destino concreto-- baixo a figura inexistente de “substitut@ de zona". Segundo a CIG-Ensino, estas persoas terán que desenvolver –case con toda seguridade-- tarefas de substitución nun radio de 50 quilómetros.

Así mesmo, o aumento do horario lectivo d@s profesor@s e do número de materias a impartir pol@ mesm@ docente está a mudar o perfil das prazas solicitadas polos centros provocando que moitas aulas sexan impartidas por profesorado non especialista na materia. Así acontece con Lingua galega, Filosofía ou Debuxo. A CIG asegura, asemade, que neste inicio de curso algúns dos centros están a superar o número de alumnado por aula –fixados pola lei en 25 e 30 en primaria e secundaria, respectivamente-- malia o “compromiso de Feijóo de non ampliar os rateos”, afirman no sindicato nacionalista.

Esta segunda, a Plataforma galega na defensa do ensino público ten convocada unha concentración ás 11.30h perante a consellaría de Educación –coincidindo co comezo de curso en secundaria.