A Xunta destina 300.000 euros a entidades “sen ánimo de lucro” que fomenten a minería

Corcoesto

O DOG publica unha orde da Xunta pola que se destinan 300.000 euros a entidades "sen ánimo de lucro" que se centren no fomento de todo o relacionado coas explotacións mineiras. Hai uns meses, o goberno autonómico xa destinara 800.000 euros a esta mesma finalidade

O Diario Oficial de Galicia publica unha orde mediante a cal establécense as bases “para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego”.Unha achega de 300.000 euros que fora anunciada publicamente por Núñez Feijóo após un consello da Xunta de finais de maio.

O mandatario autonómico xustificara esas subvencións en que ían destinadas “ a entidades sen ánimo de lucro que traballan a prol do sector mineiro galego". Afirmacións que facía á vez que se gababa de que este goberno da Xunta fose quen de que Galiza "sexa xa a día de hoxe unha potencia mineira a nivel estatal, que dá traballo a máis de 7.000 persoas e supón máis do 1,2% do PIB da comunidade".

Para todos os gustos

Na orde sinálase como subvencionabeis aquelas actuacións ou proxectos que teñan como finalidade a investigación, ordenación e planificación mineira, a eficiencia e racionalización das explotacións e instalacións mineiras ou mesmo a mellora dos aspectos de seguridade e saúde laboral na minaría, entre outros

Xa no verán pasado a Xunta activara unha liña de axudas destinadas a "reforzar o desenvolvemento da eficiencia da minaría galega" e que tiña como destinatarias entidades "sen ánimo de lucro". Aquela achega fora de 800.000 euros.