A moza asasinada en Narón presentara varias denuncias contra quen fora a súa parella

A moza que apreceu a segunda feira asasinada nunha rúa de Narón a causa dunha ferida no pescozo presentara varias denuncias contra quen fora a súa parella.

Ninguén dubida en Narón que o asasinato da moza de 28 anos que apareceu morta cunha ferida de arma branca no pescozo é un caso máis de violencia machista. A muller denunciara en repetidas ocasións o que fora a súa parella. O asasinato foi descuberto unha vez que a policía recibiu un aviso do 112 por volta das 15.45 horas en que se indicaba que unha muller xacía morta na rúa San Roque. O corpo atopábase nunha zona de estacionamento de coches, ao pé do edificio en que a moza vivía cos seus pais. 

Mália desprazárense ao lugar onde apareceu o corpo dúas ambulancias, unha asistencial e outra medicalizada do 062, nada puideron facer por salvar a vida da moza. A policía abriu unha investigación mais todo parece indicar que se trata dun caso de terrorismo machista. Polo de agora non hai ningunha persoa detida mais búscase a exparella da moza.

O Concello e Narón convocou para este martes ás 12-00 horas un pleno extraordinario máis unha concentración de rexeitamento do crime que terá lugar media hora despois.