A Covid regresa ás residencias de maiores, máis leve e menos expansiva

Acceso a unha residencia de maiores (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Galiza suma 83 casos activos de Covid-19 entre usuarias de centros da terceira idade e atención á discapacidade.

A vaga estival da Covid-19 devolveu a preocupación pola Covid aos centros de maiores da Galiza, afectados por surtos menos explosivos e daniños que en anteriores ondas da pandemia, con mási casos leves e asintomáticos.

Con case 100% das persaos usuarias vacinadas, Galiza conta 52 casos positivos en residencias da terceira idade tras os cinco novos contaxios diagnosticados nun centro de Pontevedra.

Dez residencias con casos activos

Así, segundo os datos actualizados polas consellarías de Política Social e Sanidade esta segunda feira detectáronse cinco positivos na residencia Soremay de Pontevedra, que se incorpora a unha lista de 10 residencias afectadas polo novo coronavirus.

O centro con máis usuarias contaxiadas é a Residencia Val de Monterrei, con 18 positivos; seguida da Santo Estebo de Perlío de Fene, con nove; a Residencia de Ribadeo, con sete; a Vivenda comunitaria de Alfoz, con seis, e a Soremay de Pontevedra, con cinco.

A estas hai que sumar a Residencia Concepción Arenal da Coruña, con dúas; a Bo Día Magnolio de Vigo, con outras dúas; mentres que cun usuario contaxiado atópanse a Caser A Zapateira, a Residencia de Chandrexa de Queixa e a DomusVi Vigo.

Atención á discapcidade

Pola súa banda, as residencias de atención á discapacidade, mantéñense con 31 casos de Covid activos entre as súas usuarias, todas no Fogar e Clínica de San Rafael en Vigo.

Os centros de maiores recuperaron a mediados do mes de xuño a 'normalidade' tras avanzar o proceso de vacinación e mellorar a situación epidemiolóxica da Galiza. Despois de moitos meses de restricións nas visitas e nas saídas, persoas maiores institucionalizadas recuperaron a posibilidade de volver por uns días á súa casa mais de realizar saídas socioculturais libres, así como recibir visitas tres días á semana, que se manteñen