A contra-información, na procura de cartos para seguir combatendo

O proxecto activista de Galiza Contrainfo recadará fondos a través do crowdfunding para finanzar gastos 'cotiáns', como os derivados do aloxamento da páxina web ou do pagamento de multas impostas polo Goberno español

A iniciativa audiovisual de Galiza Contrainfo procurará fondos a través de Verkami, botando man das posibilidades que ofrece a internet. Así, @s activistas, que traballan na fotografía e no vídeo parindo uns contidos de calidade que se difunden baixo licenza copyleft, botarán man do mecenato a pequena escala --coñecido polo termo inglés crowdfunding-- para recadar os cartos que cómpren no desempleño dunha comunicación alternativa á ofrecida desde os media, dando cobertura á actividade dos movementos sociais do país.

Na descrición do proxecto para o que procuran financiamento, o colectivo explica que os gastos de aloxamento da páxina web na que dan difusión aos contidos producidos, e as cambadelas que veñen desde uns poderes incómodos con esta forma de facer información --a subdelegación do Goberno español en Pontevedra multou catro traballador@s de Galiza Contrainfo por cubriren mobilizacións--. Tomando estas cuestións en consideración, o colectivo activista chama á cidadanía a colaboraren co seu proxecto e pór en valor o dereito a unha información que non se prega ante gobernos e empresas.