A CIG reclama á Xunta probas diagnósticas da COVID-19 nos cárceres da Galiza

Centro Penitenciario de Teixeiro.

Perante o anuncio da Xunta do gasto de 100.000 tests nunha estatística sobre a incidencia do coronavirus na Galiza, a CIG remtiu esta segunda feira unha carta dirixida ao conselleiro de Sanidade na que reclama "que dea as correspondentes ordes" para a realizacións de tests diagnósticos de coronavirus nos centros penitenciarios galegos. Segundo denuncia, só se están facendo probas a persos internas ou traballadoras no caso de aparecer síntomas. 

 

O escrito, asinado por Antonio Otero, coordinador da área de prisións, lembra que os cárceres son "un ámbito pechado con personas especialmente vulnerábeis", na que unha alta porcentaxe das persoas privadas de liberdade están inmunodeprimidas ou padecen pataloxías varias, "polo que se inclúen dentro dos grupos de risco".

"Despois do que está a pasar coas residencias de maiores non entedemos que por parte da consellaría se obvie o que podería pasar nos cárceres", alerta o escrito, e apunta que outros territorios si están a realizar cribados nestes centros,"comprendendo o que poderia ocasionar o contaxio". 

Nese sentido, a CIG advirte do "perigo" que supón o risco de traballadores asintomáticos, "que sin sabelo estean entrando a traballar". Antes do decreto do estado de alarma por parte do Goberno central contabilizáronse nas prisións galegas sete casos positivos no persoal, que foron apartados do traballo para realizar a cuarentena.

"Se non se están dando casos é pola profesionalidade e responsabilidade de todos os traballadores de Institucións Penitenciarias, do primeiro ao ultimo", sinala o coordinador da área de prisións do sindicato nacionalista, que exixe que se adopten as medidas "que axuden a conter esta pandemia e que non entre nos carceres da nosa terra".