A Audiencia si que a creu

Xulgado de Padrón

A Audiencia Provincial da Coruña ordenou reabrir a causa por abuso sexual contra o ex alcalde de Pontecesures

A pasada cuarta feira tres persoas, á que seguirá en breve unha cuarta, declaraban no xulgado de Padrón no marco da causa contra o exalcalde de Pontecesures Luis Álvarez Angueira por un suposto delito de abuso sexual continuado que se tería cometido entre os anos 1996 e 2001 sobre unha familiar, menor de idade naquela altura.

 

Estas declaracións en Padrón supoñían retomar unha causa que fora arquivada hai uns meses polo xuíza titular do xulgado de instrución número 2 de Padrón por considerar que os feitos prescribiran. Un recurso contra esa decisión, presentado pola denunciante, derivou en que a Audiencia Provincial coruñesa ordenase reabrir a causa.

 

A Audiencia considera que hai indicios abondo para seguir investigando os feitos denunciados e en base aos resultados da mesa decidir se se abre xuízo.

 

 

A noticia foi acollida con satisfacción por diferentes colectivos e entidades do feminismo galego, como Marcha Mundial das Mulleres, Plataforma Feminista Galega ou Rabudas en Loita. A propia portavoz nacional do BNG, organización da que fai parte a denunciante e da que fixo o denunciado, Ana Pontón, escribiu nas redes sociais: “Denunciar unha agresión sexual non é fácil. Afortunadamente hai mulleres valentes, sen medo, que dan o paso. Unha delas é a nosa compañeira Hadriana Ordoñez”.