A APDR exixe perante a Defensora del Pueblo que se anule unha posíbel prórroga a ENCE

A Asociación pola defensa da ría de Pontevedra insta ao organismo a presentar un recurso de inconstitucionalidade á nova Lei de Costas que autoriza ao goberno español a prorrogar a concesión á pasteira até 75 anos máis

 

 

A asociación ecoloxista trasladou a Madrid as súas reivindicacións perante a posíbel prórroga á concesión de ENCE-Elnosa en Lourizán. A reforma da Lei de Costas aprobada polo executivo de Mariano Rajoy permitiría á pasteira manter a súa actividade 75 anos máis. 

Desde a APDR denuncian que a ampliación da actividade de ENCE "parece máis un título de propiedade" que unha autorización, habida conta que a empresa de celulosas mantería a xestión da factoría durante máis de 130 anos. 

Neste senso, desde a APDR remitiron un escrito á Defensora del Pueblo no que instan a esta intitución a presentar un recurso de inconstitucionalidade á nova Lei de Costasá fin de evitaren que o complexo industrial se manteña para alén de 2018.