A A-6 aberta ao tráfico

A A-6 aberta ao seu paso por Guitiriz. Foto: Radio Galega.

[Actualización] Os quitaneves abriron o paso aos automóbiles na A-6 á altura de Guitiriz. A primeira hora da mañá, as nevaradas chegaron a provocar retencións de coches ao seu paso polo concello da Terra Cha.
 

Ducias de automóbiles tiveron que parar na autovía A-6 á altura de Guitiriz. Segundo informou a Radio Galega, a neve dificultaba a circulación.

 

Non é o único problema detectado na rede galega de estradas esta mañá. Na mesma vía que une A Coruña con Lugo, as nevaradas chegaron a interromper o tránsito durante horas na zona de Montesalgueiro. A A-8 ao seu paso por Mondeñodo tamén se viu afectada, pola neve e pola néboa.

 

Nas estradas secundarias, sobre todo no norte do país, a neve causa aínda máis problemas, sobre todo na bisbarra da Fonsagrada e en concellos como Ribeira de Piquín, Navia de Suarna e Negueira de Muñiz.