93% dos casos activos de coronavirus na Galiza están nos seus domicilios

Só 54 dos 823 casos precisan hospitalización.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 823.o que supón 11 menos ca onte.

Deses 823 casos, 205 son da área da Coruña, 54 da de Lugo, 107 da de Ourense, 38 da de Pontevedra, 254 da área de Vigo, 143 da de Santiago, e 22 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 5 permanecen en UCI (eran 7 na terza feira), 49 están en unidades de hospitalización (10 menos ca onte) e 769 no domicilio. Así pois, 93% dos casos activos están nas súas casas e só 7% precisan hospitalización.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 9.798 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 137.544.

Residencias de anciás

No que atinxe ás residencias de anciás, hai 127 casos activos, 6 menos ca onte, dos que 68 son de persoas usuarias mentres que 59 son de traballadoras e traballadores.

Os falecementos mantéñense en 272: 132 en residencias e 140 en hospitais e residencias integradas.