Récord de participación na sondaxe

90,6 por cento, a prol da inmersión lingüística no inquérito de Sermos

Un momento do debate entre Marcos Maceira e Valentín García

A Comunidade Sermos está claramente por un ensino 100 por 100 en galego. O inquérito rexistou o récord de participación, cun total de 2.086 votos emitidos.

A opción a prol da inmersión lingüística -ensino 100 por 100 cento en galego- obtivo 1.890 votos, 90,6 por cento dos emitidos, unha esmagadora maioría.

 

"50 por cento en galego, 50 por cento en castelán" foi a segunda opción máis apoiada, con 92 votos, 4,4 por cento, perseguida moi de perto por "33 por cento en galego, 33 por cento en castelán, 33 por cento en inglés", con 86 votos, 4,1 por cento.

 

Apenas 18 persoas (0,8 por cento) manifestaron non teren unha opinión formada sobre este asunto.

 

Este é o primeiro inquérito dos tres realizados até agora por Sermos arredor dos debates 2x5 en que a participación supera as 2.000 persoas.

 

Aquí podes ler o debate que deu pé a esta sondaxe, entre o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.