9 de marzo: greve en todos os niveis do ensino galego contra a Lomce e os recortes

Imaxe: GZ Foto

Esta quinta feira, 9 de marzo, todos os niveis do ensino galego, de infantil até a universidade, están convocados a unha greve, máis unha mobilización que engadir á dinámica impulsada desde a comunidade escolar contra a Lomce, os recortes na educación pública ou o decreto 3+2, entre outras cuestións. O paro está convocado polas dúas plataformas existentes no país: a Plataforma Galega en defensa do ensino público e a Plataforma en defensa do ensino público de Galiza. Ambas as dúas coinciden en exixir a derrogación definitiva da Lomce e a reversión dos recortes aplicados durante estes anos. Unha táboa reivindicativa á que a Plataforma Galega engade a aposta en “mellorar a calidade do ensino mediante una Lei Galega de Educación”.

Desde a Plataforma Galega incídese no seu manifesto en que “ante o éxito da xornada de folga do 16 de febreiro temos que volver saír á rúa desde unha óptica centrada no país e na súa realidade educativa”. No manifesto da Plafaforma en defensa do ensino público en Galiza destacan a necesidade de responder a un goberno que “despreza” a comunidade educativa e a que afonda na desigualdade.

Manifestacións e concentracións, Hora e lugar:

A Coruña: Praza de Vigo. 11:30 (Plataforma Galega en Defensa do ensino Público) e Praza da Palloza, 12:00 (Plataforma en defensa do ensino público de Galiza)

Ferrol: Praza de España, 11:30 (PGDEP) e Edificio da Xunta (PDEPG)

Lugo: Praza da Horta do Seminario, 11:30 (PGDEP) e Edificio Multiusos 12:00 (PDEPG)

Ourense: Subdelegación do Goberno, 11:30 (Plataformas Galega). 19:30 PDEPG

Pontevedra: Praza da Peregrina, 11:30 (PGDEP)

Santiago: Alameda, 11:30 (PGDEP) 12:00 (PDEPG)

Ribeira: Diante do IES Nº1, 11:30 (PGDEP), 12:00 (PDEPG)

Vigo Praza América, 11:30 (PGDEP) e 12:00 (PDEPG)