85 por cento apoia a custodia compartida preferente en caso de separación

deabate

1.354 persoas apoiaron a opción da custodia compartida preferente no inquérito de Sermos. Só 176 votaron en contra.

O debate sobre a custodia compartida preferente en caso de separación non ten moita cor entre as e os leitores de Sermos. A opción a favor é esmagadoramente maioritaria. Por ela optaron 1.354 persoas, 85,1 por cento das que emitiron o seu voto (un total de 1.590).

 

A opción en contra da custodia compartida preferente apañou tan só 176 votos, 11,2 por cento, en tanto que aquelas persoas que manifestaron non teren unha opinión formada sobre o asunto representaron apenas 3,7 por cento da mostra (só 30 votos).

 

O debate que deu pé a este inquérito podes acompañalo aquí.