Primeira enquisa Sermos debates 2x5

85,7 por cento, a prol dun fuso horario propio para Galiza

FH

1.570 votos a prol de o país ter unha hora local propia, distinta da estatal. Apenas 11,3 por cento das persoas participantes no inquérito mostraron o seu desexo de non mudar o fuso horario no país.

Un total de 1.836 persoas participaron na primeira enquisa do debate 2x5, o que pulsaba a opinión da Comunidade Sermos sobre se Galiza debe se dotar ou non dun fuso horario propio.

 

Os resultados do inquérito son esmagadores a prol da opción dunha hora propia para Galiza. 1.570 votos foron a prol do fuso galego, 85,6 dos emitidos, entanto que apenas 208, 11,3 por cento, se inclinaron a prol de nos mantermos na situación actual.

 

58 persoas, 3,1 por cento, manifestaron non ter unha opinión formada sobre o asunto.

 

O debate que deu pé a este inquérito aparecera recollido nesta peza.

 

Custodia compartida

 

O debate sobre a custodia compartida toma o relevo ao fuso horario esta semana nesta sección #VenhanMais5. Para participares, podes votar aquí na nova enquisa de Sermos.