8 de novembro: manifestación en Compostela en solidariedade con Catalunya

Foto de arquivo.

O lema da marcha, ‘Els carrers serán sempre nostres!” (As rúas serán sempre nosas).

‘Els carrers serán sempre nostres!” (As rúas serán sempre nosas) é o lema da manifestación nacional que en réxime aberto de auto convocatoria e sen siglas terá lugar esta sexta feira, 8 de novembro, en Compostela. O punto de saída será a Praza da Galiza ás 20:00 horas. “Solidariedade com o povo catalám” é outra das palabras de orde da convocatoria.

Desde organizacións como Mocidade pola Independencia xa se expresou o seu apoio a esta convocatoria. Desde a sentenza do Tribunal Supremo que condenaba líderes independentistas catalás a 100 anos de prisión foron varias as concentracións e mobilizacións na Galiza de rexeitamento a esa resolución e de apoio ao proceso independentista de Catalunya.