Un 75% dos contaxios en Galiza correspóndense coa variante británica e xa hai 52 confirmados da delta

Punto de vacinación nun hospital da Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press) #coronavirus #covid19 #vacina #vacinación #pandemia #mocidade #curso #instituto #sanidade #sergas

A variante alza da Covid-19, coñecida como a cepa británica, mantense como a de maior prevalencia en Galiza, onde hai 760 casos confirmados, o que representa un 75% de circulación, segundo os últimos datos facilitados esta cuarta feira pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán.

Na rolda de prensa posterior á reunión do Comité Clinico que asesora á Xunta na xestión da pandemia e acompañada polo secretario xeral técnico da Consellería de Sandiade, Alberto Fontes, e o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias, a directora xeral detallou que xa hai 52 casos confirmados correspondentes á variante delta.

Conforme aos datos ofrecidos por Carmen Durán, a segunda variante da que máis contaxios se teñen confiramado é a brasileira, con 102 positivos. Ademais, hai 36 casos de variante beta, a coñecida como surafricana.

Tamén se confirmaron 9 que se corresponden coa variante colombiana, oito coa de Nova York e dúas mostras correspondentes á cepa nixeriana.

Segundo detallou Carmen Durán, estas cifras correspóndense a datos pechados con data do 28 de xuño.