A variante Delta da Covid-19 será dominante nunhas semanas

A variante Delta, detectada na India por primeira vez, ameaza con interromper a desescalada. Reino Unido e Portugal foron pioneiros á hora implantar medidas de prevención e restrición para impedir o seu avance. É máis transmisíbel que a variante británica e comeza a gañar terreo. As augas residuais da Coruña confirman a súa presenza na área metropolitana. Segundo o equipo científico que constatou a súa aparición, en pouco tempo será dominante. 
Varias persoas sentan na terraza dun local de hostalaría da Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press).
photo_camera Varias persoas sentan na terraza dun local de hostalaría da Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press).
Comentarios