652 sinaturas por un convenio galego para os centros de atención á discapacidade

[Imaxe: CIG-Ensino]

O persoal destes centros, pertencentes á consellaría de Traballo, reclaman pasos en prol da súa integración nunha Rede Pública e face un convenio propio que regule as súas condicións laborais e "que se axuste á nosa realidade" sen dependenren do español.


O persoal dos centros de atención á diversidade funcional, dependentes da consellaría de Traballo, entregou este 4 de decembro 652 sinaturas para reclamar "un maior compromiso" da Xunta tanto co servizo como coas e os profesionais que o prestan.

Desde CIG-Ensino, o seu secretario xeral, Anxo Louzao, recordou que "estamos a falar dun servizo público" e sinalou que o que piden é que se senten as bases para a integración destes centros nunha Rede Pública.

Con todo, namentres iso non acontece, que o departamento que dirixe Beatriz Mato destine máis recursos económicos para que non perigue a continuidade da atención a estas persoas. Aliás, exixen a negociación dun convenio galego que regule as condicións laborais dest@s traballador@s, por volta de 1.000, "que se adapte á nosa realidade e non nos faga depender dun convenio estatal".