610.494 persoas teñen xa na Galiza a pauta completa, o 26% da poboación total a vacinar

Punto de vacinación en Vigo (Foto: Europa Press)
Máis do 80% da poboación maior de 50 anos recibiu polo menos unha dose da vacina.

Máis do 80% da poboación maior de 50 anos recibiu polo menos unha dose da vacina contra a Covid-19 na Galiza, mentres que 610.494 cidadáns xa contan coa pauta completa.

Así se reflicte nos datos actualizados na mañá desta segunda feira pola Consellaría de Sanidade -con rexistros até o peche da xornada de vacinación do domingo- no 'Cronómetro de vacinación', nos que se indica que administraron 1.740.174 doses -2.683 máis que a xornada anterior- das 1.769.325 recibidas, que supoñen o 98,35%.

Na Galiza 610.494 persoas contan coa pauta completa, que implican 2.589 máis que a xornada anterior, e supoñen 25,83 por cento da poboación total a vacinar.

Por grupos de poboación vacinados por condición de vulnerabilidade, administrouse polo menos unha dose a 13.563 persoas de alto risco -sen cambios- e 11.625 completaron a pauta -igual-; mentres que 17.364 dependentes non institucionalizados recibiron polo menos unha dose -un máis- e 15.674 contan coa pauta completa -sen cambios-. Mentres, mantéñense en 23.739 as persoas institucionalizadas que recibiron polo menos unha dose e en 23.124 as que finalizaron o proceso.

Entre os vacinados por probabilidade de exposición, 75.514 traballadores do ámbito sanitario recibiron polo menos a primeira dose -sen cambios- e 56.853 completaron o proceso -igual-.

 Así mesmo, administrouse polo menos a primeira inxección a 30.191 profesionais do ámbito sociosanitario -sen cambios- e 19.793 contan coa pauta completa -igual-.

Tamén recibiron polo menos unha dose da vacina contra a Covid 65.130 traballadores esenciais -sen cambios- e seguen en 2.340 os que completaron o proceso. En canto ás persoas que se vacinaron pola súa idade, hai 923.625 galegos aos que se administrou polo menos unha dose -2.681 máis- e 481.086 contan coa pauta completa -2.589 máis-.

Por grupos de idade, vacinouse 130.055 persoas maiores de 85 anos -sen cambios-; 95.277 de 80 a 84 anos; 132.283 de 75 a 79 anos; 149.217 de 70 a 74 anos (+247); 149.680 de 65 a 69 anos (+470); 167.754 de 60 a 64 anos (+1.487); 162.023 de 55 a 59 anos (+241) e 47.090 de 50 a 54 anos (+64).

Por tanto, até a data recibiron polo menos unha dose 1.033.379 persoas maiores de 50 anos no conxunto de Galiza, que supoñen un 80,93% das susceptibles de vacinarse a partir desa idade.

A elas engádense 30.775 persoas de 45 a 49 anos (+6), 27.750 de 40 a 44 anos; 20.194 de 35 a 39 anos (+1); 16.204 de 30 a 34 anos; 13.134 de 25 a 29 anos; 7.016 de 20 a 24 anos; 683 de 15 a 19 anos e un do grupo de 10 a 14 anos (tamén sen cambios).

Por tanto, até o momento 1.149.136 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina na Galiza, que supoñen o 48,63 por cento da poboación a vacinar.