60,5% dos ingresos do ensino privado en Galiza veñen das administracións públicas, 6 puntos máis que a media española

Dos 401 millóns de euros que ten como ingresos correntes a educación privada non universitaria galega, 243 millóns corresponden a subvencións públicas.

A administración pública achegou 60,5% dos ingresos correntes na educación privada non universitaria de Galiza. Unha porcentaxe superior en seis puntos á media española, que  é de 54,2%, de acordo cos datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) e recollidos por Europa Press.

 

A enquisa de financiamento e gastos do ensino privado indica que dos 401,5 millóns de euros que tiña como ingresos correntes a educación privada non universitaria galega no curso2014/15, uns 243 correspondían a subvencións públicas, 148,5 ao que achegan os alumnos, 4,66 a outros ingresos privados e 5,33 a transferencias correntes privadas de particulares e empresas.

 

Fronte a eses ingresos correntes de 401,5 millóns, a educación privada non universitaria de Galiza tivo ese curso case 393,96 millóns de gastos correntes e un resultado de explotación de 7,54 millóns.