A A-6 cortada pola neve á altura de Guitiriz

A A-6 ao seu paso por Guitiriz. Foto: Radio Galega.

Ducias de automóbiles atópanse parados na autovía A-6 á altura de Guitiriz. Segundo conta a Radio Galega, a neve dificulta a circulación, que por intres avanza pero moi lentamente.
 

Non é o único problema detectado na rede galega de estradas esta mañá. Na mesma vía que une A Coruña con Lugo, as nevaradas chegaron a interromper o tránsito durante horas na zona de Montesalgueiro. A A-8 ao seu paso por Mondoñedo tamén se viu afectada, pola neve e pola néboa.

 

Nas estradas secundarias, sobre todo no norte do país, a neve causa aínda máis problemas, sobre todo na bisbarra da Fonsagrada e en concellos como Ribeira de Piquín, Navia de Suarna e Negueira de Muñiz.