Sexto asasinato machista no que vai de ano

A onda de violencia machista contra as mulleres non cesa.

Unha muller de 38 anos foi asasinada en Barro pola súa parella. Disparoulle dous tiros cunha escopeta. É o sexto asasinato machista no que vai de ano.

Segundo fontes próximas á Garda Civil, a muller foi tiroteada pola súa parella, de 48 anos, en Barro, no lugar de Portela.  Os feitos decorreron esta segunda feira, por volta das 8.30 horas. Despois de a asasinar, el proprio chamou á Garda Civil para confesar o seu crime. A seguir enforcouse.