Rexeitan o acordo da Xunta con USO, UGT, CSIF e CC OO

52,8 por cento das e dos traballadores votan a prol de continuar a greve da xustiza

Unha traballadora mostra unha papeleta co 'non' á proposta pactada pola Xunta, CSIF, UGT, USO e CC OO [Foto: GZContrainfo]

Continúa a greve da xustiza. As e os traballadores rexeitaron a proposta pactada pola Xunta con 4 centrais sindicais -SPJ-USO, UGT, CSIF e CC.OO. O acordo fora refugado polos outros tres sindicatos representados no comité de greve: CIG, Alternativas na Xustiza-CUT e STAJ.

Continúa a greve da xustiza. As e os traballadores rexeitaron a proposta pactada pola Xunta con 4 das 7 centrais con representación no comité de folga.

 

836 traballadoras e traballadores -52,8 por cneto- votaron contra a proposta da Xunta, en tanto que 746 -47,2- o fixeron a favor.

 

Na consulta por tanto a maioría das e dos funcionarios respaldaron a posición de CIG, STAJ e Alternativas na Xustiza-CUT, centrais para as cais a proposta acordada por USO, UGT, CSIF e CC OO representaba unha traizón ás e aos traballadores.

 

O si á proposta da Xunta e as 4 centrais obtivo a vitoria nas asembleas da Coruña, Santiago e Ourense, mentres que foi derrotada nas realizadas en Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol.

 

A que dixeron non as e os traballadores?

 

A un aumento salarial de 140 euros para os médicos forenses, 135 para os xestores, 127 para os tramitadores e 122 para auxilios. Un incremento a aplicar en tres anos: 50 por cento este exercicio, 30 por cento en 2019 e o 20 restante en 2020.

 

Fica por tanto en pé a reivindicación sostida polas centrais contrarias ao acordo coa Xunta: un aumento lineal para todos os corpos de 140 euros, unha cantidade que se aplicaría en tres anualidades: 60 por cento en 2018 (con efeitos retroactivos desde 1 de xaneiro), 20 por cento en 2019 e o 20 por cento restante en 2020.

 

Nota: na imaxe, asemblea de Vigo realizada antes de submeter a votación a proposta da Xunta