Por volta de 500 persoas maniféstanse en Ourense contra a lacra dos incendios

Imaxe- @ese1964

Por volta de 500 persoas tomaron parte na marcha, que reclamou unha outra política forestal.

Por volta de 500 persoas, segundo datos dos convocantes, o Comité de defensa do monte galego, tomaron parte na manifestación que decorreu en Ourense baixo o lema 'Lumes nunca máis. O noso monte importa”. Unha mobilización que se suma ás que nestas semanas tiveron lugar en diferentes partes da provincia, a máis castigada polos incendios deste verán, para denunciar a falta de medios e recursos e a necesidade doutra política forestal.

Denunciouse a precariedade das brigadas que loitan contra os incendios, así como que a extinción dos lumes se estea a converter nun negocio en mans de empresas privadas, situación da que se responsabiliza ao goberno galego, ao que se achaca desleixo á hora de actuar contra os incendios.

Na mobilización tomaron parte veciños dalgunhas das zonas máis afectadas polos incendios este verán, como Cualedro, así como representantes de organizacións políticas, sindicais e movementios sociais.