ELECCIÓNS SINDICAIS

‘50 sombras da sanidade galega’, a orixinal crítica da CIG-Saúde ao PP

A Federación de CIG-Saúde de Vigo lanza un vídeo-parodia para denunciar as políticas do goberno de Núñez Feijóo cara as eleccións sindicais do 6 de maio. [Vídeo no interior]


O próximo 6 de maio celebraranse unhas novas eleccións sindicais no sector sanitario. E a Federación de CIG-Saúde de Vigo recorreu ao enxeño e a parodia nun vídeo onde denuncia as políticas privatizadoras e de recortes aplicadas pola Xunta. A central sindical preséntase as votacións sindicais como referente na defensa dunha sanidade pública en risco. 

“Temos que recuperar todo o que nos foi arrebatado inxustamente: retribucións, días libres, complementos, paga extra, postos de traballo e dignidade profesional. Temos que recuperar unha Sanidade Pública, de calidade e universal. O público é servizo, o privado, beneficio para unhas poucas mans”, sinala a CIG.

O spot caricaturiza ao presidente galego e a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e presenta as "50 sombras", as medidas da Xunta, que están a provocar un "profundo deterioro" da asistencia sanitaria pública na Galiza.