48 produtos relacionados co 'Halloween' son retirados do mercado pola súa "perigosidade"

FACUA alertou da peligrosidade de varios produtos relacionados co Halloween (foto: Nós Diario).
A organización de consumidores FACUA exixiu esta segunda feira aos Concellos e ás Comunidades Autónomas que realicen controis "exhaustivos" en diferentes produtos relacionados co Halloween así como nas capacidades de acceso ás festas organizadas con motivo desta festividade para garantir a seguridade dos asistentes.

A organización de consumidores Facua exixiu esta segunda feira aos Concellos e ás Comunidades Autónomas que realicen controis "exhaustivos" en diferentes produtos relacionados co Halloween que xa foron retirados do mercado pola "súa peligrosidade" así como nas capacidades de acceso ás festas organizadas con motivo desta festividade para garantir a seguridade dos asistentes.

Así, nun comunicado, insta as autoridades que comproben que os locais de discotecas e salas de festas non venderon entradas que superen capacidades e o cumprimento dos protocolos estabelecidos en materia de seguridade ou sanitarios por parte dos organizadores.

Nese contexto, lembran que os inspectores teñen que supervisar que se cumpren todos os requisitos de seguridade e salubridade dos locais, tales como saídas de emerxencia suficientes e accesíbeis, extintores ou aseos en boas condicións e adaptados, entre outros.

Falta de inspeccións

A asociación critica que habitualmente non se realizan inspeccións por parte da Administración ou axentes da autoridade a este tipo de eventos no momento do seu decorrer para avaliar se se respecta a capcidade máxima autorizado, ou o simple feito de se os locais contan coa correspondente licenza para organizar a actividade en cuestión.

En canto aos asistentes a tales festas, Facua lembra que, ante estas irregularidades, as persoas usuarias poden exixir a devolución da totalidade ou unha parte do prezo das súas entradas, ou presentar reclamacións se sofren incidencias como perda ou deterioración de abrigos ou incumprimento de servizos.

Retirada de produtos

En total, Facua rexistrou 48 produtos relacionados coas festas de Halloween que foron obxecto de retiradas do mercado e prohibicións de comercialización. Até o momento, indica que a Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo recolleu alertas de 39 disfraces, 5 diademas, unha máscara, unha barba, unha perruca e unha vela.