Lotaría de Nadal

Chuvia de quintos premios en decenas de localidades da Galiza

Francisco Moreno e Natalia Rodríguez Liriano cantan un dos quintos premios que 'caeu' na Galiza (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
O número 45.353, vendido en até seis localidades galegas resultou agraciado co segundo dos oito quintos premios do Sorteo Extraordinario de Lotería de Nadal, dotado con 60.000 euros á serie.

O número 45.353, vendido en até seis localidades galegas resultou agraciado co segundo dos oito quintos premios do Sorteo Extraordinario de Lotería de Nadal, dotado con 60.000 euros á serie.

En concreto, vendéronse décimos do 45.353 en dúas administracións de Vigo, noutras dúas da cidade de Ourense, nos municipios da Illa de Arousa, Redondela e Cangas, así como na localidade de Xinzo de Limia.

O número foi cantado ás 9.53 horas no 8 arame da segunda táboa.

88.979

Pola súa parte, o número 88.979 resultou agraciado co terceiro dos oito quintos premios do Sorteo Extraordinario de Lotería de Nadal, dotado con 60.000 euros á serie.

O número foi cantado ás 10.09 horas no terceiro arame da terceira táboa. Vendeuse de maneira moi repartida por todo o Estado, tamén na Galiza, en administracións de 20 municipios.

En concreto vendeuse en Salceda de Caselas, na administración situada na rúa Pontevedra. Ademais, este 88.979 expediuse en tres estabelecementos de Vigo, en Tomiño, en Salvaterra, en Meis, na Illa de Arousa, en Nigrán, no Grove, en Salceda de Caselas e no Porriño.

En Ourense, no Barco de Valdeorras, Xinzo e en Cortegada ademais de na Coruña, Ferrol, Ponteceso e Miño. Ademais vendéronse décimos do 88.979 nas localidades de Chantada, Foz e Rábade.

45353

A administración de Loterías e Apostas do Estado situada en Cánovas del Castillo, en Vigo, repartiu un total de 1,8 millóns de euros ao vender 30 series do 45.353, número agraciado cun dos quintos premios do Sorteo Extraordinario de Nadal.

En concreto, este estabelecemento expediu 300 décimos deste número, cada un deles dotado con 6.000 euros. Tamén se vendeu un décimo solto na administración de Avenida das Camelias, 110, na mesma cidade.

1.568

O número 1.568 resultou agraciado con outro dos oito quintos premios do Sorteo Extraordinario de Lotería de Nadal, dotado con 60.000 euros á serie. na Galiza, vendéronse 14 décimos deste número que foi cantado ás 10.39 horas no terceiro arame da cuarta táboa.

86.007

O número 86.007 resultou agraciado co sexto dos oito quintos premios do Sorteo Extraordinario de Lotería de Nadal, dotado con 60.000 euros á serie.

O número foi cantado ás 10.57 horas no décimo arame da cuarta táboa. Na Galiza, vendeuse de forma moi repartida nunha vintena de localidades, incluídas as cidades de Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela.

57.421

Tamén número 57.421 resultou agraciado co sétimo dos oito quintos premios do Sorteo Extraordinario de Lotería de Nadal, dotado con 60.000 euros á serie. O número foi cantado ás 11.37 horas no cuarto arame da sexta táboa. No país, vendeuse en nove administracións de Loterías situadas en sete municipios, entre eles as cidades de Vigo (Avenida Camelias, 110) e Ourense.

O sorteo

O Sorteo Extraordinario da Lotería de Nadal deste 2023 reparte un total de 2.590 millóns de euros en premios, o que supón 70 millóns máis que o ano pasado. Puxéronse en circulación 185 millóns de décimos, cinco millóns máis que o ano anterior. Así, a emisión ascende a 185 series de 100.000 números cada unha e a 3.700 millóns de euros, 100 millóns máis, dos que se repartirán un 70% en premios.