Consulta aquí se o teu décimo foi premiado na Lotaría de Nadal 2023

As bólas para lotaría de Nadal (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
Desde o pasado 12 de xullo puxéronse en circulación 185 millóns de décimos, cinco millóns máis que o ano anterior.

O Sorteo Extraordinario da Lotería de Nadal deste 2023 repartirá esta sexta feira 22 de decembro un total de 2.590 millóns de euros en premios, o que supón 70 millóns máis que o ano pasado.

Desde o pasado 12 de xullo puxéronse en circulación 185 millóns de décimos, cinco millóns máis que o ano anterior. Así, a emisión ascende a 185 series de 100.000 números cada unha e a 3.700 millóns de euros, 100 millóns máis, dos que se repartirán 70% en premios.

En todo caso, mantense a contía dos premios: o 'Gordo' de Nadal ou primeiro premio, son 4.000.000 de euros á serie (400.000 euros ao décimo); o segundo premio, de 1.250.000 euros á serie (125.000 euros ao décimo); ou o terceiro, de 500.000 euros á serie (50.000 euros ao décimo). O importe do décimo continúa sendo de 20 euros.

Un ano máis, Loterías contou coa colaboración do Museo Nacional do Prado para incluír unha das súas obras na capela. Este ano a pintura escollida é 'A Natividade do Mestre de Sopetrán', un cadro de estilo flamenco, no cal se aprecian os detalles que o compoñen.

Descoñécese a identidade do autor. Ademais, este ano o décimo inclúe como novidade o logo da Presidencia española do Consello da Unión Europea.

E se me toca?

Os premios comezaranse a aboar a tarde deste 22 de decembro, cando finalicen tanto as verificacións dos números extraídos como os procesos informáticos, como é habitual, e ata o 22 de marzo de 2024.

Para cobrar un premio, segundo as indicacións de Lotarías e Apostas do Estado (LAE), é "imprescindíbel" presentar o décimo ou resgardo premiado. Se os premios son inferiores a 2.000 euros por cada décimo ou resgardo, pódense cobrar exclusivamente nun dos 10.902 puntos de venda da rede comercial de Lotarías, a partir da tarde do 22 de decembro.