Detéctanse 42 positivos nun cribado en Poio

Cribado de Covid-19 realizado en Poio. (Foto: Sanidade)
Outro cribado feito no Barco de Vandeorras sáldase só cun positivo e 69% de participación.

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés detectou 41 positivos nun cribado realizado entre o pasado sábado y esta segunda feira, no concello de Poio, segundo informa a Consellaría de Sanidade.

Foron convocadas 7.863 veciñas e veciños, de 15 a 50 años, o que supón 70% da poboación censal total dese tramo de idade e 78,7% da que ten tarxeta sanitaria na zona.

Por parte da área sanitaria destacan que se entregaron 6.462 tubos de saliva (unha participación de 82% da convocatoria voluntaria), mais finalmente recolléronse 6.170, o que supón 95,5% dos tubos entregados e 78,5% da cidadanía do concello convocada.

Cribado no Barco

Por otra banda, a Área Sanitaria de Ourense informa que no cribado no Barco de Valdeorras, con 1.730 probas realizadas, se detectou só un positivo por Covid-19. Neste caso a participación foi de 69,2% das 2.500 persoas convocadas.