4.120 núcleos de poboación atópanse abandonados na Galiza

Vacas nunha gandaría de lácteo de Sabadelle, en Chantada (Foto: Carlos Castro / Europa Press)

 

O abandono do medio rural está a vista. O proceso vese favorecido pola falla de servizos públicos e unha continúa caída da actividade económica. O punto de arranque do mesmo sitúase no momento de integración do Estado español no  Mercado Común Europeo, antecedente da UE.

4.120 núcleos de poboación atópanse actualmente abandonados no conxunto da Galiza, que perdeu nos últimos 10 anos 102.000 habitantes, a maior parte deles naqueles zonas de tradicional especialización agraria.

Sen servizos básicos

As áreas de grande actividade agraria asisten a unha progresiva redución de servizos públicos, fechándose desde o 2010 até hoxe 110 escolas unitarias e recortándose de xeito moi considerábel a atención médica.

As comarcas rurais concentran os peores servizos sanitarios. A un tempo, os centros de saúde carecen dun número importantes de especialistas, destacando para estas zonas os pediatras, e sofren os recortes comúns ao conxunto do sistema.

A superficie agraria útil (SAU) non deixou de diminuír nas últimas décadas. Así, a última enquisa sobre a estrutura das explotacións agrícolas, realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE), indica que a SAU da Galiza é de menos de 21%, fronte a 47% de media do Estado español e 40% dos territorios da Unión Europea.

SAU

A SAU tense reducido nas últimas tres décadas dun xeito moi considerábel, pasando de 748.000 hectáreas en 2002 a 621.000 en 2017, último ano do que existen rexistros oficiais. Neste sentido, resulta preocupante que Galiza só destine á produción alimentaria 3,9% da mesma.

A caída da actividade económica no rural pódese seguir en diversas esferas. Nesta liña, merece un particular destaque o acontecido co complexo gandeiro, que segue a manterse como a columna vertebral da Galiza rural.

O desmantelamento continúa

94.176 granxas de leite fecharon na Galiza desde 1985. Se nesta altura, atopábase activas arredor de 100.000 explotacións en xullo de 2023, último ano con datos, situábase en 5.824.  

A totalidade dos especialistas coinciden en afirmar que o proceso de reconversión deste sector aínda non esta remado, que está levando á concentración da produción láctea nunhas áreas moi determinadas da xeografía galega.