40% das persoas que precisan tratamento psicolóxico non o reciben

O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos presentou estas cifras. (Foto: Kenjo)
A Organización Mundial da Saúde (OMS) estima que en 2019 case 1.000 millóns de persoas estaban afectadas por algún tipo de trastorno mental e que, para 2030, estes será a primeira causa de perda de vida saudábel.

Ao redor de 40% das persoas que necesitan tratamento psicolóxico especializado non o reciben.

Esta é unha das conclusións do estudo realizado polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos, titulado ‘A abordaxe integral da Saúde Mental, unha materia pendente’.

O traballo ten como fin analizar o estado dos servizos de asistencia á saúde mental en no Estado español.

"Segunda pandemia"

Na presentación do estudo, que pretende analizar o estado dos servizos de asistencia á saúde mental, o presidente do Consello Xeral de Colexios Farmacéuticos, Jesús Aguilar, referiuse aos problemas de saúde mental como unha “segunda pandemia” que se manifesta na sociedade de maneira “silenciosa” ante a que aínda nos queda un longo camiño por percorrer.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) estima que en 2019 case 1.000 millóns de persoas estaban afectadas por algún tipo de trastorno mental e que, para 2030, estes será a primeira causa de perda de vida saudábel.

“Estes datos poñen de manifesto a necesidade de actuar”, manifestou Jesús Aguilar, durante a presentación do estudo.

“Prevención e identificación”

Así mesmo sinalou que  “a participación dos 55.500 farmacéuticos comunitarios na educación sanitaria, a prevención e identificación de factores de risco e primeiros síntomas pode ser chave para afrontar o gran reto da saúde mental”.

Ximena Goldberg, profesora de investigación do Instituto de Saúde Global Barcelona presentou os aspectos principais do estudo.

Entre as conclusións expostas, destacou que “existe un amplo consenso sobre o conxunto dos determinantes que afectan a saúde mental, con todo, non foi até hai pouco que se recoñeceu a súa altísima prevalencia na poboación.

“A violencia interpersoal, o desemprego, estilos de vida pouco saudábeis ou a soidade, entre outros, son factores de risco moitas veces modificábeis polo que é fundamental profundar na perspectiva comunitaria dos servizos”, acrecentou.