4 de xuño: Marcha en Pontevedra contra as celulosas e a eucaliptización de Galiza

Imaxe dunha mobilización contra a peramencia de ENCE na Ría

Convocada pola plataforma Ence Fóra e a Federación ecoloxista galega, sairá das alamedas de Pontevedra e Marín para finalizar perante a factoría de Lourizán. E para pór o ramo, festa-polbada.

“É fundamental revogar a prórroga de 60 anos cocnedida a ENCE por un goberno en funcións e é fundamental conseguir o saneamento integral da Ría. Obxectivos que pasan por intensificar a mobilización social”. Os promotores e convocantes da Marcha contra Celulosas que decorrerá o vindeiro 4 de xuño teñen claro que a presión social é imprescindíbel para acadar unha “Ence fóra da Ría”. Nese contexto insírese esta marcha, que partirá ás 19:30 horas, desde as alamedas de Marín e Pontevedra para finalizar perante a factoría de Lourizán. Como broche, festa-polbada en Praceres.

Esta mobilización vai ter tres reivindicacións principais: ás da marcha de Ence da Ría de Pontevedra e saneamento integral da Ría sumase o “Non á eucaliptización de Galiza”. Neste sentido, os convocantes denuncian o papel da pasteira “sobre o monte galego” coa eucaliptización, “proceso contrario á biodiversidade e a un mundo rural vivo”.