Os 37 concellos en alerta vermella na Galiza pola pandemia

Vista de Vigo (Imaxe: Rtve)

O mapa de incidencia a sete días só experimentou na última xornada a incorporación de Boiro a nivel laranxa

 

O número de concellos galegos no nivel máximo de alerta, o 3, pola incidencia do coronavirus na última semana mantense hoxe nos 37, os mesmos que a xornada anterior, entre eles as 7 principais cidades.

Con iso, segundo consta no mapa 'semáforo' actualizado diariamente pola Consellería de  Sanidade, repiten en nivel 3 pola pandemia os concellos de Ferrol, Santiago, Pontevedra, Vigo, Ourense, Lugo, Carballo, Vimianzo, O Porriño, O Barco, Lalín, O Carballiño, Verín, Narón, Oleiros, Arteixo, A Laracha, Ames, Teo, A Estrada, Vilagarcía, Poio, Cangas, Salvaterra do Miño, Tui, Monforte, Fene, Marín, Redondela, Barbadás, Xinzo, Cambre, Muros, Silleda, Soutomaior e Ribadavia.

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días.

Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol -máis de 76 casos nunha semana-, Pontevedra -máis de 96-, Santiago -máis de 112-, Lugo -máis de 112-, Ourense -máis de 120-, A Coruña -máis de 276- e Vigo -máis de 332-.

Mentres, en situación 2 -na cor laranxa do mapa- sitúanse 22 municipios, un máis que onte, tras a incorporación de Boiro. O resto son: Mesía, Ordes, Neda, Malpica, Culleredo, Gondomar, Oroso, Cuntis, Bóveda, Ponteareas, Nigrán, Brión, Salceda de Caselas, Pontedeume, Noia, Boqueixón, Cerceda, Cambados, Viana do Bolo, Viveiro e Monterrei.

En cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con entre 138 e 332 casos novos de Covid-19 á semana por 100.000 habitantes e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos.