37 concellos en alerta máxima pola Covid

Imaxe de arquivo (Foto: Arxina).
Hai 22 en Nivel 2.

A listaxe de concellos en alerta vermella pola incidencia do coronavirus na última semana sitúase hoxe, terza feira, en 37, un máis ca onte, ao se desactivar esta situación en Nigrán e en Ponteceso. Con todo, volveu a entrar en aviso máximo.

Segundo recolle o mapa 'semáforo' que actualiza diariamente a Consellería de Sanidade, as provincias da Coruña e Pontevedra continúan concentrando un total de 33 concellos en vermello. En Ourense, tan só queda Xinzo de Limia, mentres que en Lugo seguen a súa capital, Sarria e Vilalba.

En Pontevedra, baixaron a 17 os concellos en aviso máximo pola incidencia do coronavirus, posto que se desactivou en Nigrán e non ingresou á listaxe ningunha outra localidade.

 Así, mantéñense A Estrada, Lalín, Cambados, Pontevedra cidade, Poio, Sanxenxo, Marín, Redondela, Vigo, Mos, Moaña, Ponteareas, Salvaterra, Tomiño, O Porriño, Vilagarcía de Arousa e Tui.

Na Coruña hai en 16 concellos coloreados en vermello ao compensarse a saída de Ponteceso coa entrada de Boiro, mentres que continúan Ferrol, Narón, Pontedeume, Ordes, Oleiros, Cambre, Culleredo, Arteixo, A Laracha, Coristanco, Carballo, Malpica, Ribeira, Cabana e Vimianzo.

A alerta máxima de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol -máis de 76 casos nunha semana, Pontevedra -máis de 96-, Lugo -máis de 112- e Vigo -máis de 332-.

No segundo nivel de aviso, o laranxa, hai hoxe un total de 22 concellos galegos -cinco máis-. Súmanse Burela, Nigrán, Vilanova de Arousa,  Ponteceso e Rois.