26% da poboación albo a vacinar segue sen ningunha dose mentres os contaxios se multiplican

1.817.055 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina en toda a Galiza, o que constitúe 74,02% da poboación albo a vacinar (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)

Un total de 1.817.055 persoas na Galiza recibiron cando menos unha dose da vacina contra a Covid-19, polo que 25,98% da poboación albo a vacinar fica aínda á espera da primeira inxección. E todo, ao inicio dunha semana en que se computan 1.086 casos activos, dobrando os que había hai sete días. 

Son 1.817.055 as persoas que na Galiza xa recibiron unha ou dúas doses da vacina contra o coronavirus, o que supón 74,02% da poboación albo a inmunizar, polo que 25,98% fica aínda á espera da primeira picada. Mentres, a chamada quinta onda da pandemia avanza e esta segunda feira, 19 de xullo, notificáronse 975 novos contaxios e até 11.086 casos activos na Galiza, o que duplica os datos de hai sete días.

Os datos de vacinación indican que 65,59% da poboación albo a vacinar xa conta coa pauta completa, ao alcanzárense as 1.610.002 persoas co proceso finalizado, o que supón 612 persoas máis que a xornada anterior.

Segundo os datos actualizados na mañá desta segunda feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até o feche da xornada de vacinación do domingo, administráronse 3.281.726 doses das 3.332.795 recibidas até a data -tras almacenar 17.600 viais máis-, que supoñen 98,46%.

Por condición de vulnerabilidade, os últimos datos actualizados por Sanidade indican que se administrou polo menos unha dose a 15.271 persoas de alto risco e 14.876 completaron a pauta; mentres que 17.623 dependentes non institucionalizados recibiron polo menos unha dose e 17.411 contan coa pauta completa (todos eles sen cambios). Ademais, 26.555 persoas institucionalizadas recibiron como mínimo a primeira picada e 26.400 finalizaron o proceso (tamén sen variacións).

En canto aos vacinados por probabilidade de exposición, 73.054 traballadoras e traballadores do ámbito sanitario recibiron cando menos a primeira dose e 71.856 están inmunizados. Así mesmo, administrouse a primeira inxección a 27.416 profesionais do ámbito sociosanitario e 26.771 contan coa pauta completa.

Tamén recibiron como mínimo unha dose da vacina contra a Covid-19 no conxunto da Galiza 44.743 traballadores esenciais (tres máis que na xornada anterior) e 41.935 completaron o proceso (+4).

En canto ás persoas que foron citadas a vacinarse pola súa idade, a 1.612.324 cidadáns administróuselles polo menos unha dose (+581) e 1.410.711 teñen a pauta completa (+608).

Por grupos de idade

Recibiron polo menos unha dose até o momento 131.248 persoas maiores de 85 anos (+2); 96.091 de 80 a 84 anos (+2); 134.290 de 75 a 79 anos (+4); 152.819 de 70 a 74 anos (+6); 161.139 de 65 a 69 anos (+53); 174.959 de 60 a 64 anos (+82); 181.550 de 55 a 59 anos (+42) e 194.278 de 50 a 54 anos (+109).

A elas engádense 201.116 persoas de 45 a 49 anos (+151) e 188.123 de 40 a 44 anos (+10). Así, até a data foron vacinadas 389.239 cidadás e cidadáns de 40 a 49 anos, 87,86% duns 443.000 habitantes deste grupo de idade.

Por iso, recibiron xa polo menos unha dose 1.615.613 persoas maiores de 40 anos na Galiza, que supoñen 93,92% das 1.720.101 chamadas a vacinar a partir desa idade.

Aliás, foron vacinadas 135.636 persoas de 35 a 39 anos (+21) e 39.961 de 30 a 34 anos (+2), o que supón 175.597 cidadáns de entre 30 e 39 anos, 54,31% duns 323.300 a inmunizar na Galiza neste grupo de idade.

Tamén recibiron polo menos unha dose 15.212 persoas de 25 a 29 anos; 9.231 de 20 a 24 anos; 1.319 de 15 a 19 anos e 83 de 10 a 14 anos -todos eles sen cambios-.

Por tanto, 1.817.055 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina en toda a Galiza, que constitúen 74,02% da poboación albo a vacinar.