25.000 sanitarias infectadas en todo o Estado

Persoal santiario colocando os EPI (Foto: Europa Press).
A cifra representa 15% do total dos casos rexistrados.

Arredor de 25.000 profesionais sanitarios contaxiáronse de coronavirus no conxunto do Estado español, segundo informou en rolda de prensa a directora adxunta do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias (CCAES).

Esta cifra supón 6.000 máis que os rexistrados o pasado 6 de abril, segundo as cifra que achegou entón a propia Sierra. Desta forma, os sanitarios representan 15,45% do total de positivos no Estado.

A experta do Ministerio de Sanidade lembrou que estas cifras son entregadas polas comunidades autónomas ao Ministerio de Sanidade. "Hai que ir actualizando e incorporar as dos últimos días", comentou Sierra.