#23N: Nove citas o domingo en Galiza para evitar que nos poñan unha mordaza na boca

A Alianza Social Galega convoca para o domingo en 9 cidades e vilas galegas actos contra a reforma da ‘Lei de Seguridade Cidadá’.

A Alianza Social Galega (ASOGA) convoca mobilizacións para o domingo día 23 de novembro para rexeitar a reforma da Lei de seguridade cidadá. Un proxecto lexislativo que procura, afirman, “silenciar a protesta social”. As case sesenta organizacións que compoñen a Alianza denuncian que a reforma do Código Penal e da Lei de seguridade cidadá pretenden converter o conflito social nun problema de orde pública, “camiñando cara a un Estado de carácter policial para impoñer con maior facilidade un sistema económico, laboral e social totalmente negativo para as clases populares e os países periféricos.”

 

MANIFESTACIÓNS:

- A CORUÑA, 12  h, saída da praza de Pontevedra 

- FERROL, 12 h, saída da praza de España

- SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 h, saída da Alameda

- LUGO, 12 h, saída do edificio sindical

- OURENSE, 12 h, saída da praza Maior

- PONTEVEDRA, 12 h, saída da praza da Ferrería

- VIGO, 11:30 h, saída da Vía Norte

CONCENTRACIÓNS:

- MONFORTE DE LEMOS: ás 12 h, na praza de España

- VILAGARCÍA DE AROUSA, 12 h, na praza de Ravella