236 voces da comunidade científica pide á Xunta que prohiba o emprego de cianuro na minería

Persoal de departamentos de 20 universidades e organismos públicos avalan a petición impulsada pola Sociedade Galega de Historia Natural e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños.

Un total de 236 apoios recollidos entre a comunidade científica e universitaria apoian o manifesto pola prohibición do uso de cianuro na minería. Un documento entregado a principios de outubro á Xunta de Galiza asinado por 160 departamentos e organismos. Un número que seguiu a medrar desde entón anté os case 240 actuais.

“Solicitan ao goberno galego a prohibición total do uso de tecnoloxías mineiras a base de cianuro en Galicia antes de que finalice 2013”

A Sociedade Galega de Historia Natural e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños son os impulsores desta campaña, respaldada por persoal adscrito a a 92 Departamentos pertencentes á 20 universidades e organismos públicos de investigación.

Que piden?

Só mediante a prohibición das tecnoloxías mineiras a base de cianuro pode lograrse o cumprimento dos obxectivos da UE en virtude da Directiva marco sobre política de augas, é dicir, “conseguir un bo estado químico e protexer os recursos hídricos, así como a protección da diversidade biolóxica”.

Os apoiantes tamén demandan do Goberno galego “que impoña unha prohibición total do uso de tecnoloxías mineiras a base de cianuro en Galicia antes de que finalice 2013, posto que é o único xeito seguir de protexer os nosos recursos hídricos e ecosistemas fronte á contaminación por cianuro procedente das actividades mineiras”