O 2015 foi en Galiza un dos anos máis cálidos e secos da nosa historia recente

Dos 12 meses do ano pasado, 7 foron catalogados como cálidos. Choveu no noso país un 26% menos do habitual. Son dados do Laboratorio de Medio Ambiente de Galiza.

O 2015 foi un dos anos máis cálidos do último medio século, con especial mención para decembro, con temperaturas máis altas que a media habitual nesa época no noso país. Así o manifestou a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, após unha visita ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galiza.

Sete dos doce meses de 2015 foron catalogados como cálidos e choveu durante 2015 un 26% menos do que é habitual no noso país. Mato puxo como exemplo da 'anomalía' que a temperatura media en decembro foi de 14 graos. Tivemos, pois, un inverno seco, ao igual que o outono, mentres que a primavera foi a máis cálida desde 1997 e o verán foi seco. Porén, e embora haber até un cuarte menos de choivas que o normal, non fixo falla que a Xunta decretase pre-alertas por sequía.

Como contrapunto, o Labotario aponta que choveue máis nestes 12 días de mes que en todo un xaneiro normal no noso país.