20 anos do fechamento do Egin

egin

 Este domingo fanse 15 anos da clausura do diario Egin e da emisora do mesmo grupo, Egin Irratia, por orde do xuíz Baltasar Gazón. Do sumario 18/98 que instruíu a causa contra o xornal sairía a idea da "contorna" e do "todo es ETA". O Tribunal Supremo invalidou en 2009 o encerramento ao considerar que non se axustaba a dereito.

Hai 20 anos, o 15 de xullo de 1998, 200 policias fortemente armados entraban na sede centraldo Egin, en Hernani, para proceder ao fechamento do xornal e da radio que levaban tal nome, cumprindo así coa orde dada desde a Audiencia Nacional polo xuíz Baltasar Garzón. Era a primeira vez que na Unión Europea se procedía ao encerramento dun medio de comunicación. En 2009, once anos despois do pechamento, o Tribunal Supremo invalidou a clausura ao considerar que non se axustaba a dereito. Mais para iso faltaban once anos. Estabamos en xullo de 1998 e en que máis de 200 policías españois tomaban un polígono industrial en Hernani para proceder a clausurar un medio de comunicación. Por aquel entón Egin  vendía 52.311 exemplares diarios (segundo a OJD), contaba con 210 traballadores e traballadoras. Máis de 24.000 persoas apoiaron o nacemento do proxecto comunicativo con achegas populares. O número de lectores diarios rondaba os 110.000. Era un xornal "netamente de raíz popular" onde movementos sociais, veciñais, pro-euskara, contra as nucleares, a prol da okupación,...,"eran da casa".

 

11 anos despois da clausura o Tribual Supremo invalidaba o feche, por entender que non se axustaba a dereito. 

 

Aquel fechamento levaba por nome ‘Operación Persiana’ ( policía e xustiza española sempre tiveron un humor peculiar a respeito da cuestión vasca). A Audiencia Nacional acusaba o Egin de "recibir diñeiro de ETA, logo do contrario" e finalmente de ser "un instrumento do aparello delictivo" da organización. Contábao Xabier Salutregi, director do Egin, que en outubro de 2015 era posto en liberdade após sete anos preso. Unha decena de traballadores e xornalistas do xornal vasco pasaron por prisión. 

 

Nunha entrevista concedida a Naiz cando aínda estaba no cárcere, Salutregi afirmaba que acabar co Egin "serviu de apoio ao novo plan de guerra planificado polo Goberno de Aznar". Coa clausura deste medio, lembra o seu director, "abriuse a maior operación represiva contra a esquerda abertzale" a través dun procedemento de "enxeñaría xurídica" --como categorizou o ministro socialista López Aguilar-- encamiñado a "construír delitos" contra Xestoras Pro-Amnistía, herriko tabernas, o movemento xuvenil (Jarrai-Segi), fundacións, xornais (Egunkaria), institucións lingüísticas... "todo aquilo que tivese o máis leve arrecendo abertzale", asegura, pasou a ser un obxectivo para o Estado e a xustiza española. 

 

Para Jabier Salutregi, "non existe ningún precedente na UE" no que "toda a dirección" dun xornal "rematase na cadea, acusados de terrorismo e o propio medio" de ser "instrumento dunha banda armada". O propio Tribunal Supremo considerou once anos despois da clausura de Egin que a actividade do diario non era ilícita e que o proceder de Garzón non se axustaba a dereito.