16 de xuño: Marcha en Pontevedra contra as celulosas

A Plataforma pola Defensa da Ría convoca a súa movilización anual contra o complexo Ence-Elnosa.

O domingo 16 de xuño terá lugar unha nova edición da tradicional marcha contras as celulosas, a mobilización multitudinaria que ano tras ano reúne miles de persoas en Pontevedra convocadas pola Plataforma en Defensa da Ría para solicitar a fin na Ría dos complexos de Ence e Elnosa.

A marcha partirá ás 12:00 horas das Alamedas de Marín e Pontevedra. Entre as reivindicacións, que se anule definitivamente a prórroga de 60 anos concedida ilegalmente a Ence en 2016, que se cumpra a Lei e se obrigue á empresa a devolver a zona ocupada á situación que tiña á chegada de ENCE a Lourizán…

Son demandas que  están recollidas no manifesto “Polo cumprimento da lei e na defensa dos sectores produtivos”, apoiado por una longa lista de organización, colectivos e entidades.

Un manifesto no que se defende que a comarca de Pontevedra  "non vive de Ence; que lonxe de ser o motor da nosa economía é o seu freo, xa que impide a explotación racional dos sectores produtivos da Ría, do turismo e do monte, un monte hoxe inzado de eucaliptos, exposto ao risco permanente dos lumes, e que debera ter na diversificación de usos o seu futuro".