16 de febreiro: greve no ensino medio e superior de Galiza contra a Lomce e o ‘3+2’

Imaxe: GZ Foto

Convocada por Erguer e apoiada pola Plataforma galega en defensa do ensino público, o paro denuncia os recortes en educación e pula por construír “un sistema educativo de noso”.

Greve no ensino secundario e universitario de Galiza esta quinta feira, 16 de febreiro, convocada por Erguer, contra a Lomce e o modelo ‘3+2’. Un paro que conta co apoio da Plataforma galega en defensa do ensino público e que se traducirá, ademais do paro nas aulas, en manifestacións e concentracións  en cidades e vilas do país. É unha xornada de protesto e mobilización que se convoca en Galiza “e autoorganizada polo estudantado do país”, en palabras de Erguer. Enmárcase nun mes de mobilizacións no ensino das diferentes nacións do estado. Así, o día 9 decorreu unha greve en Catalunya e o vindeiro 23 terá lugar en Euskal Herria.

Con esta greve do 16 en Galiza o estudantado protesta contra a Lomce e tamén o coñecido como ‘3+2’, modelo que procura cambiar os graos ao sistema de 3 anos de grao e 2 de másteres (que son máis caros). “O encarecemento da formación completa coa implantación deste modelo non é difícil de imaxinar, un ano medio de grao vale 713 euros, un ano medio de posgrao – público – vale máis do dobre, 1501 euros”.

Cuestións como os recortes en educación, a masificación, redución do profesotrado, os pactos educativos ‘fraudulentos’, a marxinación do galego.., son tamén cuestións a denunciar este día, no que se defenderá o dereito dos galegos a "construír un sistema educativo de noso"

Ao longo destas semanas tiveron lugar asembleas e reunións por distintos centros das comarcas do país para explicar as razóns da greve e chamar as e os estudantes a se sumar á mesma.

Pola mañá decorrerán 9 manifestacións e 6 concentracións, todas elas ás 12:00 horas

A Coruña – Praza de Vigo

O Barco de Valdeorras – Concentración na praza do Concello

Boiro – Concentración na praza do Concello

Caldas – Concentración na  carballeira

Cangas – Concentración na praza do Concello

Compostela – Alameda

Ferrol – Diante do Edificio da Xunta

Lugo – Praza do Seminario

Melide – Diante do IES de Melide

Moaña – Concentración na praza do Concello

Ourense – Diante da Subdelegación do Goberno

Ponteareas – Concentración á saída dos IES

Pontevedra – Praza da Peregrina

Ribeira – Diante do IES nº1

Vigo – Praza América

Vilagarcía – Concentración na praza de Galiza

 

Pola tarde concentracións ás 19:00 horas:

Vigo   Diante do Marco (Rúa do Príncipe)         

Pontevedra   Praza da Peregrina        

Compostela   Praza Roxa         

Lugo  Diante do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

A Coruña   Praza de Pontevedra (diante do IES Eusebio da Guarda)

Ferrol    Praza de Amada García (diante do edificio da Xunta)       

Ourense  Xardíns do Padre Feixoo

Cangas Praza do Concello

 e ás 19:30 horas

Cee  Praza 8 de Marzo

Carballo Praza do Concello

Vilagarcía Praza de Galiza