16 entidades das nacións sen Estado constitúen o Fórum Soberanista

Forum Sobranista

Fan parte desta plataforma as galegas Fundación Moncho Reboiras; Fundación Galiza Sempre, Obradoiro de Ideas Láncara e Fundación Terra e Tempo.

O Fórum Soberanista nace como punto de encontro, debate e análise para o soberanísimo de esquerdas da Galiza, Euskal Herria e Catalunya. Un foro integrado por 16 organizacións e entidades e que marca entre os seus obxectivos “o desenvolvemento de iniciativas para a defensa efectiva das liberdades políticas, os valores republicanos. e o dereito a decidir dos pobos”.

O Fórum estruturouse a finais de 2019 como un lugar de encontro entre as forzas soberanistas de esquerda. Transcorrido un ano de traballo, as 16 entidades que compoñen o Foro constitúense como unha organización.

Difundir o pensamento político daquelas persoas e entidades que traballan para a consecución da soberanía das nacións, o progreso social e o afondamento da democracia; ou promover o coñecemento das realidades das nacións sen estado na súa dimensión política, cultural e económica; son algunhas das súas finalidades.

O Fórum está inmerso na II Edición da súa Escola Soberanista, esta vez en formato virtual.

As entidades integrantes do Fórum Soberanista son:

Galiza: Fundación Moncho Reboiras; Fundación Galiza Sempre, Obradoiro de ideas Láncara e Fundación Terra e Tempo.

Euskal Herria: Fundación Iratzar, Fundación Ipar Hegoa, Alternatiba Fundaziaoa, Alkartasuna Fundazioa e Manu-Robles Arangiz Fundazioa.

Catalunya: CIEMEN, Fundación Irla, Intersindical CSC.

País Valencià: Fundación Nexe e Intersindical Valenciana.

Illes Balears: Fundación Darder-Mascaró.

Andalucía: Grupo de Estudios Diaz del Moral.