133 expositores e pequenos comercializadores danse cita no II Mercado local xusto de San Sadurniño

sansadurniño

Postos de artesanía, produtos ecolóxicos e de horta, viveiros ou artigos de segunda man, son algungas das propostas deste mercado que no contorno da praza do Concello e do convento do Rosario este domingo.

San Sadurniño xa ten todo listo para celebrar esta fin de semana a segunda edición do seu Mercado local xusto, unha cita na que estarán presentes máis de 130 expositores: artesanía, viveiros, produtos alimentarios e de comercio xusto...

Desde o Concello confían en que o tempo e a variedade da oferta convirtan o mercado nun éxito de público no que, ademais, os expositores poidan facer un bo día. O titular de Cultura, Manolo Varela, sinala que as expectativas que levanta o mercado tanto nos comercializadores como no público "anímanos a continuar co proxecto para conseguir que se asente en catro citas anuais, das que  dúas cadrarían coa feira da plantación da primavera e coa feira rural do verán mentres que as outras serían no outono e a primeiros de ano, cadrando co entroido". 

Segundo o concelleiro, o obxectivo do mercado é ofrecerlles aos pequenos comercializadores, produtores e cooperativas "un espazo máis no que darlle saída aos seus artigos ao tempo que recuperamos a actividade comercial directa, sustentable e de proximidade das feiras de antano como alternativa ás grandes superficies e aos mercados globalizados".