“Non queremos unha herdanza envelenada” 10 de xuño: manifestación nacional contra o proxecto mineiro de Touro-O Pino

Imaxe: @nostv

Convocada pola Plataforma veciñal e Plataforma en defensa da Ría de Arousa e co apoio de diferentes organizacións e entidades, así como de sectores produtivos.

Compostela acollerá o vindeiro 10 de xuño unha manifestación nacional contra o proxecto mineiro de Atalaya Mining en Touro-O Pino, unha mobilización convocada pola Plataforma veciñal que se opón ao proxecto e pola Plataforma en defensa da Ría de Arousa, que representa a unha vintena de coletivos sociais, ambientais e de sectores produtivos (mariscadoras, bateeiros, confrarías…).

 

“Non queremos unha herdanza envelenada” é o lema da manifestación, que toma o relevo da que decorreu a finais de febreiro pasado en Touro e na que tomaron parte por volta de 3.000 persoas. As plataformas convocantes da manifestación do 10X fixeron un chamamento á sociedade galega a acudir e apoiar unha mobilización que consideran

 

Os convocantes denuncian que o proxecto mineiro de Atalaya Mining representa un modelo socioprodutivo “depredador e antagónico: a riqueza lévanna para fóra e os cartos quedan lonxe de nós entre os accionistas chineses, suizos e estadounidenses, namentras que a contaminación quédanos a nós para toda a vida e para os nosos netos”. Nesta liña, teñen claro  que  Atalaya Mining non vai crear emprego, “vai destruir os nosos empregos e o noso modelo produtivo”. 

 

A pretensión de explotar a mina a ceo aberto de case 700 hectáreas para extraer cobre de forma intensiva durante os vindeiros 15 anos é un risco non só para a comarca senón para o conxunto do país, incien os opositores á megamina. A explotación levaba 3 décadas abandonada (funcionou de 1973-1986) e sen reparar a pegada ambiental que deixou. Varios estudos confirman que as drenaxes ácidas e verteduras teñen afectado a augas de afluentes do Ulla, que desemboca na Ría de Arousa, a maior riqueza pesqueira e marisqueira de Europa.

 

A oposición a este proxecto concretouse tamén no apoio a mocións en diferentes concellos que pedían a paralización da megamina, un posicionamento que tamén comparten deputacións como a da Coruña.